... Era a casa da avoa María e do avó Pedro. Morreran cando ela era unha nena de 3 ou 4 anos, e seus pais non quixeron volver máis, non ata 5 anos atrás, cando decidiran que querían volver ás súas orixes e foron vivir alí. E, malia todo, Carolina non os fora visitar alí nin unha soa vez, non tiña tempo, a tenda, as viaxes, o traballo ocasional como fotógrafa...
-Podes saír do coche, se queres. Dentro hai uns sofás recén tapizados moi cómodos-. Cando Xan lle falou a súa voz chegoulle de moi lonxe, tardou en reaccionar, pero saíu do coche, colleu a súa bolsa se achegou á porta principal, que seu irmán xa deixara aberta para ela. A escuridade era case total, pero por unha vez non lle importaba. Non recordaba nada da casa, tivo que guiarse pola voz do seu irmán que chamaba por ela.
-Aquí durmes ti, é a antiga habitación de mamá, de cando era nova. Eu durmo na de enfronte, na do tío Andrés-. Os ollos de Xan brillaban de emoción. El vivía na cidade tamén, en Vigo, pero sempre se tiña considerado un home de aldea-. Vou acender a auga quente e esas cousas. Volvo agora.
Carolina asentiu ensimismada. Unha vez que quedou soa na habitación sentou na cama e sacou o móbil do peto do pantalón. Seguía sen cobertura. Era todo moi bonito, moi tranquilo, moi aislado. Ela era unha muller de cidade. Tirouse na cama e quitou eses zapatos de tacón tan bonitos, tan altos, tan caros e tan incómodos que calzaba. Iba a ser unha fin de semana moi longa.
Despois de moitos meses sen escribir isto foi o que saíu. Lamento que non sexa o que se espera.
No hay comentarios:
Publicar un comentario