Naquelas noites de peche estudiantil lembraba os veráns da súa infancia. De cando en vez erguía a cabeza das miles de letras que bailaban nos libros diante súa e a súa mirada perdíase sen remedio. Estes momentos de paz interior, de mirada ensoñadora e de sorriso esquivo eran cada vez máis frecuentes. Tiña en especial unha imaxe na cabeza. Tería uns 8 ou 9 anos, inda levaba o pelo sempre recollido en dúas longas trenzas que enmarcaban coma unha coroa de lume unha cara pálida e pecosa. Aquel día vestía un vestido branco moi lixeiro e un sombreiro de palla roto e vello que lle viña excesivamente grande. Ía moita calor, demasiada, malia levar o sombreiro do seu pai queixábase de que a cabeza se lle torraba. Lembraba ter corrido moito ese día, ela soa coa súa veciña. Non lembraba máis dese dia, só a calor intensa, o sombreiro, as carreiras coa veciña, e a foto que tiñan as dúas cun sorriso resplandecente, inda que cun dente de menos. A súa mente volvía unha e outra vez a aquel día, unha e outra vez, ata que se dicía que iso non podía ser bo para os estudios, volvía baixar a cabeza e impoñía orde nas letras que danzaban desordeadas. E asi unha e outra vez durante 5 anos.
Imaxe: Templehof Flughafen, Berlín
Festival das cometas
Setembro de 2012
No hay comentarios:
Publicar un comentario