En días fríos como este é cando máis morriña teño. Que si, que cicloxénese explosiva, que tormenta de toda a vida, pero para min Santiago ten moito máis encanto con chuvia. Isto non é ningunha historia falta de imaxinación e intriga, non é unha retaíla de descripcións que non levan a nada, verbas colocadas de calquera maneira. Isto é un reclamo sobre as miñas orixes, os sitios nos que penso cando falo de morriña. Isto son fotos, anacos de historias que me fan sorrir, rir a gargalladas ou simplemente intres de días sen máis.
Praza do Toural, Santiago de Compostela
25.12.2012
Praza do Obradoiro, Santiago de Compostela
25.12.2012
Santiago gústame así, mollada, de noite, con familias que pasean, chea de luces e, malia todo, a escuras.
Bentín, preto de Santiago de Compostela
Un día calquera dun ano calquera
A miña casa, as miñas vistas.
Sete Muiños, Guitiriz. Terra da miña nai, os meus avós. Terra dos xogos infantís.
Praia de Cabeiro, o Monte Louro ó fondo.
Praia de Ríosieira, mar aberto
Praia de Cabeiro
Praia de Cabeiro



No hay comentarios:
Publicar un comentario