martes, 23 de julio de 2013
O Berlín máis escondido. Teufelsberg.
Quédanme dúas semanas escasas en Berlín que penso aproveitar todo o que non fixen porque "inda me queda tempo". Hoxe fun a Teufelsberg (Montaña do Demo), unha visita, para min, máis que recomendable. Teufelsberg é a única montaña de Berlín e, de feito, non é unha montaña verdadeira, se non que son as ruinas de unha universidade da época de Hitler tapadas con terra. O que se pode ver nas fotos é unha base estadounidense que leva pechada e abandoada dende o 1992. Teufelsberg aséntase ó oeste de Berlín, en Grünewald, un mar verde que se extende durante km e km en tódalas direccións, as vistas son, desde logo, inmellorables. Como unha imaxe vale máis que mil palabras que mellor que poñer unhas cantas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario