A verdade é que estou decepcionada. Igual é simplemente que esta non está sendo unha boa semana, pode ser que onte tiven un mal día, pode ser que hoxe non estea sendo unha boa mañá, pode ser que non estea no meu mellor momento, pero estou decepcionada. Alemaña era o paraíso, e resulta que o paraíso é peor que o inferno. Non me malinterpretedes, estou moi contenta aquí, de feito, comezo a ver que o erasmus vai acabar e non quero, pero malia todo estou decepcionada. Non quero escribir con este estado de ánimo. Despídome e quedo coa miña decepción.
MIR 2014-2015, imos aló
No hay comentarios:
Publicar un comentario